Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO da modificación puntual número 4 do Plan parcial de ordenación do polígono industrial A Granxa do concello do Porriño (Pontevedra).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de marzo de 2003, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntural nº 4 do Plan parcial A Granxa.

2. Publicar este acordo no DOG e no taboleiro de edictos do concello, e a normativa e ordenanzas no BOP.

Este acordo esgota a vía administrativa e contra el poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente. Sen embargo, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que o interesado considere procedente, consonste dereito.

A documentación correspondente á aprobación definitiva remitiuse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o luns 21 de xullo de 2003, con rexistro de saída nº 3.610.

O Porriño, 12 de novembro de 2003.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde