Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle no ámbito das antigas naves de Regojo.

O Pleno do Concello, en sesión do día 25 de setembro de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestimar, polos motivos expostos nos informes técnico e xurídico, e en harmonía con eles, as alegacións presentadas por María Vasco Pérez e Eduardo Canabal Sanz.

Segundo.-Aprobar definitivamente o devandito estudio de detalle promovido por Profaro Terrenos, S.L., representada por Juan Lago Pérez, para reaxusta-las aliñacións e rasantes e ordena-los volumes do ámbito das antigas naves de Regojo, sen introducir ningunha modificación respecto do documento aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno na súa sesión do 6 de marzo de 2003.

Terceiro.-Instar da Secretaría do Concello a dilixencia de tódolos planos e documentos do instrumento urbanístico, na que se faga consta-lo acordo recaído.

Cuarto.-Publicar no DOG e no BOP o acordo de aprobación definitiva, e notificarlles ós interesados con sinalamento dos recursos procedentes.

Quinto.-Comunicarlle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o presente acordo, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, para efectos da súa entrada en vigor.

Sexto.-Advertir á propiedade que deberá constituír unha servidume de paso que garanta o uso público do espacio situado entre os bloques 2 e 6.

Faise constar, por medio deste anuncio, a remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do documento completo do estudio de detalle, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planes e documentos que o integran debidamente dilixenciados.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Redondela, 18 de novembro de 2003.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde