Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Gobierno, en sesión do 9-12-2003, acordou inicia-los trámites para a contratación que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500-Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 06 38.

Obxecto: asistencia técnica para a redacción do Plan de sectorización e do proxecto de reparcelación do SR-D Agro de Lalín de Arriba do PXOM de Lalín.

Orzamento: 52.679,43 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: 3 meses para o plan de sectorización e 1 mes para o proxecto de reparcelación.

Modalidade de adxudicación: concurso publico, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional/definitiva: 2% do orzamento e 4% do importe da adxudicación, respectivamente.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na asesoría xurídica do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación do último dos anuncios indicados en horario das nove ás catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce trinta horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 11 de decembro de 2003.

Román Rodríguez González

Concelleiro delegado de Urbanismo