Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/43-2, 6014 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Paíme e Barcia.

Situación: concello de Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe en L.M.T. de C.T. de Chao de Pousadorio a C.T. de San Xurxo e final en C.T. de Paíme, tensión de servicio 20 kV, lonxitude 88 m conductor LA-56/54,6 m.

C.T. intemperie de Paíme, potencia 50 kVA, potencia 50 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. de Paíme, orixe C.T. de Paíme, lonxitude 410 m, nº apoios 11.

R.B.T. de Barcia, orixe C.T. de gasolineira, lonxitude 398 m, nº apoios 10.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo