Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/57-2, 6037 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Celso Emilio Ferreiro, 2.

Situación: Monforte de Lemos.

Características técnicas: L.M.T. soterrada cunha lonxitude de 8 m, cunha tensión de servicio de 20 kV con orixe na L.M.T. soterrada a C.T. compañía e final no C.T. Celso Emilio Ferreiro, 2.

C.T. prefabricado cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo