Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/71-2, 6082 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. soterrada para edificio na Lodeira.

Situación: concello de Ribadeo.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con conductor R.H.Z. 150 mm Al baixo tubo de polietileno de 160 mm de diámetro cunha lonxitude de 232 m.

C.T. instalado nos baixos do edificio no que se instala unha cela de entrada, unha de saída e unha de protección do transformador do tipo SF6, cunha potencia proxectada de 630 kVA e potencia instalada de 400 kVA; relación de transformación 20.000/380-220 V denominado C.T. Lodeira.

R.B.T. soterrada en conductor R.V. (3x240 Unip+150) baixo tubo de polietileno de 160 mm de diámetro que alimentará o edificio en construcción propiedade da empresa Promocións A Mariña 2000, S.L.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 11 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo