Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/70-2, 6039 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: desvío instalacións eléctric. por implantac. Coren.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. a C.T.C. Bonxe 2 con orixe no apoio existente denominado P-1 da L.M.T. a C.T.C. Bonxe 2, neste apoio é onde se entrocará para alimentar á fábrica de Coren; esta liña terá o seu final no apoio existente desta denominado P-3, desde onde se deriva a C.T. penitenciario. A súa lonxitude será de 204 m en conductor LA-56 sobre torres metálicas.

L.M.T. a C.T. dep. Pascual con orixe no apoio P-1 da liña xeral ó C.T.C de Bonxe 2 e final no apoio P-1 da L.M.T. a C.T. dep. Pascual, a súa lonxitude será de 132 m en conductor LA-56 sobre torres metálicas tipo C.

L.M.T. a C.T. campo de tiro con orixe no apoio P-2 da L.M.T. a C.T. Bonxe 2 e final no apoio P-1 da L.M.A. a C.T. campo de tiro, a súa lonxitude será de 87 m en conductor LA-56 sobre apoios de formigón e torres metálicas.

L.M.T. a C.T. Uteco con orixe no apoio P-2 da liña xeral L.M.T. a C.T.C. Bonxe 2 e terá o seu final no apoio P-2 da L.M.T. a C.T. Uteco cunha lonxitude de 222 m en conductor LA-56 sobre torres metálicas tipo C.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 10 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo