Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/103-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: José Ramón Ferreiro Plaza.

Domicilio social: Fontao, 25, 32830 Corbillón.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. nave elaboración de pedra.

Situación: polígono Barreiros (San Cibrao das Viñas).

Características técnicas: liña soterrada a 20 kV de 95 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. aérea ó C.T. polígono Barreiros, e remata no C.T. proxectado en caseta con 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V preto da nave de serrado de pedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 10 de novembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense