Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 607 e 649/2003.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 607/2003.

Acta inf. nº 910/2003.

Empresa: Fragacha Servicios y Contratas, S.L.

NIF/DNI: B-15560154.

Enderezo: estr. N VI km. 583 - Soñeiro (Sada).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita na Pereira (Mera) o 30-4-2003, constatouse que a empresa non tiña elaborado o preceptivo plan de seguridade e saúde.

Vulnérase o artigo 7 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.6º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 649/2003.

Acta inf. nº 1047/2003.

Empresa: Daniel Pérez Gudiña.

NIF/DNI: 34891883.

Enderezo: r/ Traballo, nº 3 (A Coruña).

Materia: obstrucción.

Proposta de sanción: 605 euros.

Resumo da acta de infracción:

O 21-5-2003 visitouse a obra de construcción sita en avda. Fraga Iribarne, s/n (Betanzos), entregándose citación en man a Daniel Pérez Gudiña na que se fai constar que non se reiniciarían os traballos de carga e descarga con máquina de elevación en canto non se adoptasen as medidas de seguridade axeitadas fronte ó risco de caída de persoas e materiais. Na citación requiríaselle que en data 26-5-2003 acreditase as medidas adoptadas. Chegado o día sinalado non comparecen nin achegou ningún xustificante. Tal comportamento constitúe obstrucción ó labor inspector.

Vulnérase o artigo 50.1º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A infracción cualifícase como grave en grao medio, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 50.2º e 39.1º e 2º, e 40.1º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que figuran nos expedientes:

-Actas de infracción-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 27 de novembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña