Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-2002/0280 e dous máis.

Intentada a notificación ós titulares dos establecementos que se indican a continuación, sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que se dictou resolución en relación cos recursos de alzada que se relacionan no anexo, informando os interesados que contra as referidas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da

súa publicación, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que estime conveniente.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán aboarse nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados poderán utiliza-lo boletín de multas e sancións que se xuntou coa resolución da delegación provincial, e no caso de careceren del, poden solicitalo na delegación provincial correspondente.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2003.

Manuel Eduardo Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xutiza, Interior

e Administración Local

ANEXO

Número

de expediente

RecorrenteEnderezoEstablecementoTipo de infracción

e precepto infrinxido

Data

da resolución

Resolución

OU-2002/0280Milo e Castro, S.L.R/ Marcelo Macías, 12

Xinzo de Limia

(Ourense)

SarabaGrave. Art. 23 o) en relación co 26 e) da Lei org. 1/19921-agosto-2003Desestimado

(multa de 800 A)

OU-2003/0014Milo e Castro, S.L.R/ Marcelo Macías, 12

Xinzo de Limia

(Ourense)

SarabaGrave. Art. 23 o) en relación co 26 e) da Lei org. 1/19921-agosto-2003Desestimado

(multa de 950 A)

OU-2003/0038Juan Manuel Pérez VázquezR/ San lázaro

Ribadavia (Ourense)

SefirotGrave. Art. 23 e) Lei org. 1/19928-outubro-2003Estimado