Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.780

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (849/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 849/2003 por instancia de Jesús María González Reino, contra a empresa Tasedegal, S.L.U., con intervención de Fogasa, sobre extinción de contrato, dictouse a seguinte

Sentencia.-Na cidade da Coruña, o 17 de novembro de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 849/2003, seguidos por instancia de Jesús María González Reino, maior de idade, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Tasedegal, S.L.U., que non compareceu nos autos, con intervención de Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, extinción de contrato, e

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Jesús María González Reino, contra a empresa Tasedegal, S.L. Unipersonal, debo declarar e declaro a extinción da relación laboral entre as partes, condenando a empresa ó aboamento dunha indemnización de 1.173,89 euros, absolviéndose ó Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta

sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que, este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030 6349 0000 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número de expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 17 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado