Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.779

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais de determinadas categorías, relativos á baremación provisional do concurso da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego do Servicio Galego de Saúde.

O número 1 da base oitava das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición. Contra a baremación os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do citado anuncio.

Polo tanto, adoptado acordo polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas e nos dos seus centros de xestión de atención primaria e especializada, relativas á baremación da fase de concurso, nos puntos de experiencia e de formación, así como a súa valoración total, das categorías de enxeñeiro superior, enxeñeiro técnico, matrona, traballador social, conductor, fotógrafo, perruqueiro, albanel, calefactor, carpinteiro, electricista, fontaneiro, mecánico, pintor, xardineiro, peón e TER.

Así mesmo, se é o caso, publícase a relación de aspirantes que resultan excluídos.

Segundo.-Abri-lo prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, se é o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á División de Recursos Humanos do Sergas.

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira das citadas convocatorias.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos