Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.779

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2003 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do 10 de decembro de 2003, polo que se procede ó nomeamento como persoal laboral fixo do Consello de Contas de Galicia dos aspirantes que superaron o proceso selectivo de conductores de alto cargo (grupo III) e conserxe (grupo IV), do seu persoal laboral fixo.

A Resolución do 29 de setembro de 2003 (DOG 194, do 7 de outubro) convocou o proceso selectivo para a provisión pola quenda de promoción interna de sete prazas vacantes no cadro de persoal laboral do Consello de Contas de Galicia, seis de conductores de alto cargo e unha de conserxe.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das devanditas probas selectivas e verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, a Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia na súa sesión do 10 de decembro, de acordo co previsto no convenio colectivo para o seu persoal laboral,

ACORDOU:

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo do Consello de Contas de Galicia os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo I, ordenados de acordo coa puntuación final obtida.

Segundo.-Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo, deberán tomar posesión dos postos de traballo no prazo dun mes, previsto no artigo 13 do convenio colectivo, que comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido nos artigos 10.1º.ap.c) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sen prexuízo do anterior, tamén se poderá interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO I

Conductores de alto cargo

DNIApelidos e nomePuntuación total

34939165-APaz Losada, Julio15,80
33276942-JRodríguez Gándara, Juan Domingo14,66
33251585-WGonzález Rodríguez, José Antonio14,44
33244089-GFerreiro Barcia, Ramiro13,44
33278110-PNoya Otero, Genaro José13,36
34946282-JBande Pérez, Manuel12,84

Conserxe

DNIApelidos e nomePuntuación total

52480643-WRey Carreira, Julia17,92