A Comisión Municipal de Goberno, en sesión de data 27 de outubro de 2003, acordou aprobar ini
cialmente o Plan Parcial de Ordenación de Sector en Cornazo, promovido por Díaz Buceta y Castro, S.L. e redactado polo arquitecto Carlos X. Berride Ferreira.
O que se fai público facendo constar que o expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente no Departamento de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, de conformidade co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Vilagarcía de Arousa, 29 de outubro de 2003.
Joaquín J. Gago López
Alcalde