Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión de data 27 de outubro de 2003, acordou aprobar inicialmente o Plan Parcial de Ordenación de Sector na Laxe-Cornazo, promovido por Jorge Pernas Martínez e redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez.

O que se fai público facendo constar que o expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente no Departamento de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, de conformidade co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 29 de outubro de 2003.

Joaquín J. Gago López

Alcalde