Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, na súa sesión do 6 de outubro de 2003, o estudio de detalle promovido por Eladio Seoane Gómez, en representación de Promociones Florida Siglo XXI, S.L., segundo o proxecto redactado polos arquitectos Jorge González Herrero e José Melero Currás, visado polo COAG con data 9 de abril de 2003, que ten por finalidade ordena-los volumes edificables e reaxusta-las aliñacións e rasantes, en parcela situada na Picota, sométese a información pública polo prazo de 20 días contados a partir do seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente ó dispor de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo e, se for o caso, deducir alegacións.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para tódolos directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ser ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Redondela, 13 de novembro de 2003.

O alcalde

Rubricado