Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: 774/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da prestación do servicio de recollida, retirada, transporte, depósito e custodia de vehículos.

3. Prezo: as tarifas que se oferten na proposta por cada un dos conceptos da prestación do servicio e que non poderán supera-lo prezo tipo que figura como anexo nº 1 ó prego de condicións.

4. Garantía: 1.202,02 euros.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Marín.

b) Enderezo: avenida de Ourense, s/n.

c) Localidade e código postal: Marín (Pontevedra), 36900.

d) Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.

e) Telefax: 986 88 20 13.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica que se acreditará por calquera dos medios do artigo 16 do TRLCAP e técnica ou profesional que se acreditará por calquera dos medios do artigo 19 da mesma lei.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade, enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.

b) Data e hora: ás trece horas do 5º día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás que coincida en sábado, caso no que o acto se celebrará o luns seguinte á mesma hora.

10. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Marín, 2 de decembro de 2003.

Francisco Antonio Santiago Fernández

Alcalde presidente