Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

Na sesión ordinaria celebrada polo Pleno da Corporación o día 27 de novembro de 2003 aprobouse definitivamente o estudio de detalle presentado por Purificación Paredes Pose.

O que se fai público ó abeiro do disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística do territorio e protección do medio rural de Galicia, e así mesmo tal e como establece o artigo 92.3º da citada lei, comunícase á consellería competente en materia de urbanismo e dase traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran o plan sobre os que recae o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaría do concello.

A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado queda supeditado á publicación deste anuncio, tal e como establece o artigo 92.4º da Lei 9/2002.

Cabana de Bergantiños, 9 de decembro de 2003.

José Muíño Domínguez

Alcalde-presidente