A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril de 2002), convoca os seguintes concursos públicos:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).
c) Número de expediente:
* C.P. 5/2004: (subministración).
* C.P. 6/2004: (subministracións sucesivas).
2. Obxecto da contratación.
a) Descrición do obxecto:
* C.P. 5/2004.-Subministración de publicacións periódicas do ano 2004 para a biblioteca do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
* C.P. 6/2004.-Gasas hemostáticas.
b) Número de unidades que se entregarán:
* C.P. 5/2004.-Anexo IV do prego de cláusulas administrativas particulares.
* C.P. 6/2004.-Punto 8.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) División por lotes e número:
* C.P. 5/2004.-Anexo III do prego de cláusulas administrativas particulares.
* C.P. 6/2004.-Punto 8.1.3 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de entrega:
* C.P. 5/2004.-Biblioteca do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n. 15405-Ferrol (A Coruña).
* C.P. 6/2004.-Almacén xeral-Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
e) Prazo de entrega:
* C.P. 5/2004.-Punto 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
* C.P. 6/2004.-Punto 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.
a) Tramitación:
* C.P. 5/2004 e 6/2004.-Ordinaria (anticipada).
b) Procedemento: aberto.
c) Modalidade: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
* C.P. 5/2004.-82.670 A.
* C.P. 6/2004.-52.325 A.
5. Garantía provisional.
* C.P. 5/2004 e 6/2004.
Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
b) Domicilio: Estrada de San Pedro, s/n.
c) Localidade e código postal: Ferrol (15405).
d) Teléfono: 981 33 45 14.
e) Fax: 981 33 40 15.
f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional:
* C.P. 5/2004.-As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.
* C.P. 6/2004.-As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a)Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación a presentar:
* C.P. 5/2004.-A especificada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
* C.P. 6/2004.-A especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
2. Domicilio: Estrada de San Pedro, s/n.
3. Localidade e código postal: Ferrol (15405).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (C.P. 5/2004 e 6/2004): 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes:
* C.P. 5/2004.-Non se admitirá a presentación de variantes.
* C.P. 6/2004.-Admitirase a presentación de dúas variantes.
9. Apertura das proposicións.
a) Entidade: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
b) Domicilio: Estrada de San Pedro, s/n.
c) Localidade: Ferrol.
d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de oferta. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: a partir das 10.00 horas.
10. Outras informacións.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.
Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares (C.P. 5/2004) e no punto 11 da folla de especi
ficacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares (C.P. 6/2004).
11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.
* C.P. 5/2004 e 6/2004: 2.700 A.
Ferrol, 28 de novembro de 2003.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario
Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol