Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello na súa sesión celebrada o día 7-11-2003 aprobou inicialmente os proxectos de expropiación urbanística mediante o procedemento de taxación conxunta para a execución de dúas obras: rúas prolongación Rúa Abadín e rúa da Rúa da Feira a Rúa Calvario, proxectos respectivos de urbanización no barrio da Revolta-Vilalba e urbanización no barrio de Calvario-Vilalba, ambalas dúas previstas nas NN.SS. deste concello, o que se expón ó público durante o prazo dun mes contado desde a derradeira publicación do anuncio no DOG e nun diario dos de maior circulación da provincia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, segundo o artigo 143 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Vilalba, 20 de novembro de 2003.

Agustín Baamonde Díaz

Alcalde