Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2003 pola que se convoca para o levantamento de actas de ocupación, trámite ordinario, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de pequenas obras de infraestructura hidráulica-paseo fluvial do río Miño e parque recreativo en Meira, termo municipal de Meira-Lugo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia

da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

O proxecto correspondente a esta obra foi sometido ó preceptivo trámite de información pública, logo da a súa redacción baixo a dirección do organismo autónomo Augas de Galicia, e obxecto de aprobación técnica e definitiva pola Resolución do 23 de setembro de 2003 do presidente da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

A Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, na súa disposición adicional 2ª, no punto 1, de acordo coa redacción dada pola Lei 8/2001, do 2 de agosto, dispón que a aprobación dos proxectos de obras hidráulicas que leve a cabo a Administración hidraúlica de Galicia levará implícita a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados para os efectos da súa expropiación forzosa, de ocupación temporal, de imposición ou modificación de servidumes.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto na Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e no regulamento para a súa aplicación, esta empresa pública, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei e demais disposicións, resolveu convocar ós titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no Concello de Meira na data e na hora indicada no anuncio exposto no taboleiro de anuncios do dito concello para proceder ó levantamento das actas de ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Meira e nas oficinas da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, na rúa doutor Maceira nº 18 (15706) Santiago de Compostela, A Coruña.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, pudendo acompañarse, pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante a empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, na rúa doutor Maceira nº 18, (15706) Santiago de Compostela, A Coruña, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente da empresa pública de Obras

e Servicios Hidráulicos