Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se amplía o prazo de información pública nas dependencias do Concello de Pontevedra do estudio de efectos ambientais do proxecto de recuperación terreos balsas 1, 2, 3 e 4, no concello de Pontevedra, promovido polo Grupo Empresarial Ence, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), esta dirección xeral publicou con data 25 de novembro de 2003, no DOG nº 229, a Resolución do 5 de novembro de 2003 pola que se sometía a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de recuperación terreos balsas 1, 2, 3 e 4, no concello de Pontevedra, promovido polo Grupo Empresarial Ence, S.A.

Dado que, debido a un erro administrativo, se demorou a remisión ó Concello de Pontevedra do estudio de efectos ambientais, facéndose esta efectiva o día 5 de decembro de 2003, esta dirección xeral considera ampliar, polo prazo de quince (15) días, o sometemento do estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Ampliar en quince (15) días o prazo de exposición ó público nas dependencias do Concello de Pontevedra do estudio de efectos ambientais do proxecto de recuperación terreos balsas 1, 2, 3 e 4, no concello de Pontevedra, promovido polo Grupo Empresarial Ence, S.A.

2. As alegacións formularanse dentro do prazo resultante coa devandita ampliación, contado a partir do seguinte día á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2003.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental