Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Dirección Provincial do Sergas en Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Provincial.

c) Número de expediente: CP 2/D.P./2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Servicio de limpeza da D.P. Sergas en Ourense.

b) Lugar de execución: ver punto 5 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total 44.644 A, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 892,88 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Provincial do Sergas en Ourense.

b) Domicilio: r/ Xoán XXIII, 29, 2º, 32003 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 59 44.

d) Telefax: 988 38 59 43.

e) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación deste anuncio no DOG. De coincidi-lo último día en sábado ou festivo, o prazo ampliarase ata o primeiro día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: oficina do Rexistro da Dirección Provincial do Sergas en Ourense.

2. Domicilio: r/ Xoán XXIII, 29, 2º, 32003 Ourense.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Secretaría Provincial da Dirección Provincial do Sergas en Ourense (planta 2ª).

b) Data: o décimo primeiro día contado desde o seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidi-lo último día en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: 10.00 h.

d) Acto público.

10. Lingua (s): castelán o galego.

11. Gastos de anuncios: o anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo ascende a 500 euros.

12. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Ourense, 20 de novembro de 2003.

Carlos Pereira Fernández

Director Provincial de Ourense