Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 24 de novembro de 2003 polo que se lle comunica o incumprimento total á empresa Galivisión, S.A., expediente 97/0015/PO, relativo á axuda para proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da Galivisión, S.A., titular do expediente 97/0015/PO, relativo á axuda para proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable (Orde do 7 de xullo de 1997, DOG nº 139, do 21 de xullo), que con data 10 de xullo de 2003 o presidente do Igape resolveu declarar incumpridas

totalmente as condicións de subvención do expediente e determínase a revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de incumprimento non esgota a vía administrativa e contra esta poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifiesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica