Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 24 de novembro de 2003 polo que se lle comunica á empresa Noventure, S.L. o acordo de inicio de incumprimento total do expediente AF006.2001.1.240 relativo á axuda para proxectos do Plan de Consolidación e Competitividade da PEME, Sistemas de Calidade.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Noventure, S.L., titular do expediente AF006.2001.1.240, relativo á axuda para proxectos do Plan de Consolidación e Competitividade da PEME, Sistemas de Calidade (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG nº 142, do 23 de xullo), que con data 9 de outubro de 2003 o presidente do Igape acordou iniciar procedemento de incumprimento total das condicións de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determina-lo alcance deste, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédeselle un prazo de 15 días hábiles desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustifica-la non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica