Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO sobre a aprobación definitiva dun estudio de detalle.

O Pleno da Corporación en sesión extraordinaria realizada o 8 de agosto de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle no predio situado en Paseo da Magdalena 27, San Martiño do Porto, promovido por José Etcheverría Rey e redactado pola arquitecta Myriam Goluboff Scheps, incorporándose no proxecto refundido a documentación xustificativa do cumprimento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas con informe favorable do técnico municipal segundo acordo adoptado polo Pleno en sesión ordinaria realizada o 26 de xullo de 2003.

Contra a presente resolución que é definitiva en vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Cabanas, 10 de novembro de 2003.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa