Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/128-2, 6133 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. e C.T. en parque empresarial de Sete Pontes.

Situación: Vilalba.

Características técnicas: L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. Vilalba-A Xesta e final no apoio nº 2 da liña proxectada a parque empresarial Sete Pontes, en conductor LA-110 cunha lonxitude de 145 m e 20 kVA de tensión.

L.M.T. soterrada en conductor R.H.Z.1.-150 baixo tubo de politileno de diámetro 160 m, cunha lonxitude de 290 m, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. aérea que se proxecta, con entrada e saída ó C.T. parque empresarial de Sete Pontes e remate nun apoio existente da L.M.T. aérea ó polígono industrial de Vilalba.

C.T. prefabricado do tipo PFU-3, que estará constituído por un transformador de 630 kVA, por tres celas do tipo SF6, unha de entrada, outra de saída e unha terceira de protección R.T. 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo