Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/126-2, 6132 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: ref. C.T. As Augas Santas e enlace con R.B.T.S. existentes en San Cibrao.

Situación: Cervo.

Características técnicas: C.T. do tipo prefabricado minibloc no que se instalan dúas celas de liña e unha de protección, do tipo SFG proxectado para 630 kVA, aínda que na atualidade se instalan 400 kVA.

R.B.T.: establécese a conexión das redes existentes con catro circuítos de RU-150 que saen do novo C.T. para isto instálase un apoio tipo 11/1000.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo