Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/81-2, 6058 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Bagueixos.

Situación: Lugo.

Características técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV en conductor R.H.Z.-150 mm, cunha lonxitude de 525 m con inicio nun apoio metálico proxectado na L.M.T. existente O Ceao-Rábade e final no C.T. proxectado de Bagueixos.

C.T. en edificio prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA.

R.B.T. soterrada en conductor RV-150 cunha lonxitude de 8 m.

R.B.T. aérea en conductor R.Z.-150, R.Z.-95 e R.Z.-50 tensados sobre apoios de formigón cunha lonxitude de 2.008 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 10 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo