Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T. e C.T.C. Monte Feal.
Situación: Cee.
Características técnicas:
Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 28 m de lonxitude, con orixe e final no tramo de liña entre o C.T. rúa Ferrol e o C.T. Cee IV, unha vez entre e saia do C.T. Monte Feal, que se vai instalar.
Centro de transformación en planta baixa edificio de vivendas de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en rúa Monte Feal. Concello de Cee.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 7 de novembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña