Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica a resolución de imposición de multa coercitiva, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto polo artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución de imposición de multa coercitiva, como consecuencia de incumpri-lo ordenado na Resolución do 15 de febreiro de 2000, do expediente de reposición da legalidade urbanística, que ordenaba a demolición das obras realizadas por Modesto Durán Magdaleno, consistentes na construcción dunha vivenda unifamiliar e das obras realizadas por Manuel Rodríguez Durán, consistentes noutra vivenda unifamiliar, situadas no lugar de Cova da Barxa, termo municipal de Vigo, e impedir definitivamente os usos a que dea lugar no prazo máximo de dous meses, requeríndoo novamente para que proceda a cumpri-la orde de demolición das cousas

ó estado anterior á execución das actuacións obxecto do expediente no prazo dun mes, apercibíndoo de que en caso de incumprimento no novo prazo concedido, se procederá á súa execución forzosa mediante a imposición de novas multas coercitivas ou, se é o caso, mediante a súa execución subsidiaria.

Contra esta resolución, que non pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto polo artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procede, deberá aboa-la multa imposta no prazo establecido polo artigo 20 do Regulamento de recadación, mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

De non facerse efectivo o importe da multa no prazo sinalado procederase pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo

ANEXO

Expediente: DU-22 de reposición da legalidade urbanística.

Interesado: Manuel Antonio Rodríguez Durán.

Último enderezo coñecido: Lugar de Cova da Barxa, Vigo.

Precepto aplicable: artigo 175.5º en relación co 180 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e artigo 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Importe da multa: 3.005,06 euros.