Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e tramitación ordinaria da contratación do proxecto e obra de construcción de 10 vivendas unifamiliares, garaxes e rochos en Carnota, A Coruña. (Expediente C-2001/704).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto e obra de construcción de 10 vivendas unifamiliares, garaxes e rochos en Carnota. A Coruña.

b) Prazo de execución: 24 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total : setecentos trinta mil oitocentos sete euros con noventa e oito céntimos (730.807,98 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C; subgrupo: todos; categoría: d.

6. Obtención de documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións na:

-Copistería Copy Estudio.

Enderezo: Rúa Nova, 19-20 (Galerías). Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 59 33 85.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3420

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivende e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas, rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax: 981 54 16 00 no mesmo día.

8. Posibilidade de variantes.

Admítense.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

10. Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo