Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de novembro de 2003, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-2-IV/75, conta 195 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden as cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou se constitúan en parte na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos sus contratos que se acordará no expediente de desafiuzamento ou, de se-lo caso, execución hipotecaria, iniciado con este documento, e que rematará co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 18 de novembro de 2003.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Victoria Ferreiro Bouzas e herdeiros.

Expediente C-2-IV/1975 (F.P. 61/2003).

Conta: 195.

R/ Alexandre Bóveda 9, bloque 13-1º C (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 7.290,56 A.

Manuel Pérez Mariño, Dosinda Pereira Sánchez e herdeiros.

Expediente C-2-IV/1975 (F.P. 68/2003).

Conta: 160.

R/ Alexandre Bóveda, 15-4º D (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 18.356,09 A.