Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 18 de agosto de 2003 do recurso de reposición das axudas á contratación indefinida do expediente FM 343G 2002/39-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución do recurso de reposición do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 5 de xullo de 2002 (DOG nº 135, do 15 de xullo), publícase:

1º Expediente: FM 343G 2002/39-5.

Orde de convocatoria: 5 de xullo de 2002 (DOG nº 135, do 15 de xullo).

Interesado: Antesat, S.L.

Enderezo: praza Fernando O Católico, edificio Plaza, local 24, 36204 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución do recurso de reposición do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais do 18 de agosto de 2003, ó abeiro da Orde do 5 de xullo de 2002.

Resolución:

«Visto o recurso de reposición interposto pola interesada, contra a resolución administrativa desestimatoria da súa solicitude de axudas, ó abeiro do disposto na Orde do 5 de xullo de 2002 (DOG do 15 de xullo), pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2002 do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, notifícaselle a resolución dictada por esta delegación provincial, tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

1. Con data do 13 de agosto de 2002, Antonio Laranxeira Collazo, como administrador da sociedade enriba referenciada, presentou unha solicitude de axudas pola contratación indefinida inicial dunha traballadora, con orixe nun plan empresarial de incremento da estabilidade laboral, consonte co disposto na citada orde.

2. O delegado provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais resolveu, con data do 5 de marzo de 2003, desestima-la solicitude presentada por considerar excluído o plan do ámbito de aplicación das axudas, en virtude do disposto nos artigos 2 e 5 da orde reguladora.

3. Recibida a devandita resolución o 17-3-2003, tal e como acredita o xustificante de recepción que se atopa incorporado ó expediente, o representante da sociedade presenta o 8 de abril do ano que andamos un recurso de reposición, no que alega que a empresa, desde a súa constitución, intentou manter unha estabilidade nas contratacións temporais e indefinidas, non oscilando negativamente, nos últi

mos cinco anos a media do cadro de persoal da empresa e solicita que se acceda á concesión dos incentivos solicitados e se anule a resolución recorrida.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para resolve-lo recurso, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, vén determinada polas seguintes disposicións:

-Artigo 116.1º en relación co 13.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

-Artigos 7.1º, 11.3º e disposición adicional quinta da Orde do 5 de xullo de 2002.

Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11 de abril), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Segundo.-O artigo 2.1º da orde de convocatoria determina, baixo á rúbrica ámbito de aplicación que os plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, para que poidan acollerse a este programa, deberán axustarse ó disposto no artigo 5º desta orde, elaborarse antes do 10 de setembro e estar executados o 30 de setembro do mesmo ano.

Pola súa banda, este último precepto no seu punto 1 d) considera, para os seus efectos, que terán a consideración de plans de incremento da estabilidade laboral aqueles que ... prevexan a realización dun número de contratacións indefinidas ..., coas que no seu conxunto se acaden, entre outros, os seguintes resultados:

d) En ningún caso a execución do plan poderá implicar unha diminución da totalidade dos traballadores no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia na media do período outubro 2000 e setembro 2001.

A resolución administrativa agora recorrida foi dictada tras constatar, tendo en conta a documentación incorporada ó expediente, que o cadro de persoal da empresa resultante da execución do plan (3) implicaba unha diminución respecto do existente no período de referencia (3,4166).

As alegacións vertidas pola recorrente no seu escrito de recurso non alteran tal feito, polo que o recurso debe ser desestimado, dado que os principios de legalidade e igualdade que rexen a actividade administrativa en xeral e a de fomento, en particular, obrigan á administración actuante a esixi-la observancia da normativa reguladora, que non prevé excepcións na súa aplicación que permitan atende-las pretensións da recorrente.

Vistos os preceptos legais citados e demáis de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de reposición interposto e confirma-la resolución dictada por esta delegación provincial o 5-3-2003.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-aministrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da presente notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo), reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 18 de agosto de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 10 de novembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra