Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.431

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 433/2003, do 27 de novembro, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais de Cerdedo e Cotobade.

O Concello de Cerdedo solicitou do Instituto Xeográfico Nacional o deslindamento da liña límite municipal co concello de Cotobade, no tramo comprendido entre os marcos primeiro e sétimo.

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, do regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu un informe con data do 2 de outubro de 2000, presentando alegacións a este ámbolos dous concellos.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflictos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslindamento dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo de informes do Instituto Xeográfico Nacional, da deputación provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial e logo de dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de delibe

ración do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintesete de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Primeiro.-Resolve-la cuestión suscitada entre os concellos de Cerdedo e Cotobade, sobre o deslindamento dos seus termos municipais, no sentido de considerar como válida a liña límite xurisdiccional que se describe na acta de deslindamento do 16 de agosto de 1939, e se reflicte no Mapa Topográfico Nacional a escala 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional, segundo figura no anexo deste decreto.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o Consello da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación; ou ben, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, vintesete de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local