Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.430

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2003 pola que se ordena publica-la decisión do xurado do premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Por Orde do 10 de abril de 2003 (DOG nº 90, do luns, 12 de maio) convocouse o Premio Elías Valiña ó esforzó revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, co fin de recoñecer e recompensa-los méritos de todas aquelas institucións, asociacións ou entidades culturais que dediquen unha parte significativa da súa actividade á revitalización e promoción do Camiño de Santiago, contribuíndo así ó coñecemento e divulgación do significado histórico, relixioso e cultural da Ruta Xacobea.

O artigo 4 da citada orde establece que o premio será outorgado por un xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou persoa en quen delegue, e estará integrado polos seguintes membros: o presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, dous membros nomeados polo comité, as institucións, aso

ciacións culturais, padroados ou fundacións que resultasen gañadores nas anteriores convocatorias e os presidentes das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago cos números 25, 26, 27 e 28.

De acordo co citado artigo 4, as decisións do xurado serán inapelables e daranse a coñecer mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó galardoado.

Por todo isto

RESOLVO:

Artigo único.-Ordeno publica-la decisión do xurado do Premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

O citado xurado, reunido en Santiago de Compostela o día 22 de novembro de 2003, acordou concede-lo Premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, ó proxecto presentado por La Cofradía del Santo de Santo Domingo de la Calzada (La Rioja).

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL