Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.404

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 12 de novembro de 2003, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, correspondente ós contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, a pesar dos dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación pasen a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican na Delegación Especial da AEAT en Galicia.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: rúa Comandante Fontanes, nº 10, 5ª planta, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

A Coruña, 12 de novembro de 2003.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

de Galicia

ANEXO

Interesado: Aguas de Sousas, S.A.

NIF: A32006504.

Procedemento: administrativo de constrinximento.

Rf.: GRV.