Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.404

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de contratación:

Servicio de consultoría para a elaboración e implantación dun plan de xestión da calidade baseado no modelo de excelencia EFQM (expediente 043/2003).

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, ata o 7 de xaneiro de 2004 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, ou a través da Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es, ata o 7 de xaneiro de 2003 (incluído). No caso de precisar máis información, poden chamar ó teléfono 981 54 64 31.

Apertura de sobres: os sobre nº 2 (Referencias técnicas) e nº 3 (Proposición económica) abriranse o día 12 de xaneiro, ás 14.00 horas.

Gatos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2003.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061