1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social. Inludes.
2. Obxecto: prestación do servicio de limpeza do Centro de Artesanía e Deseño do Inludes.
3. Orzamento: sesenta e sete mil trescentos setenta euros (67.370 euros).
4. Duración do contrato: un ano.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: Unidade Xeral de Xestión.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro xeral do Inludes, de 10.00 a 14.00 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 279, do 4 de decembro de 2003.
Lugo, 4 de decembro de 2003.
Antonio Muíña Pena
Presidente do Instituto Lucense de
Desenvolvemento Económico e Scoial
Faustino Martínez Fernández
Secretario do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Scoial