Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O pleno deste concello, na sesión ordinaria do día 24-9-2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución integral 21, no lugar de Tarabelo, Sada, promovido por Carmen González Pérez e redactado polo arquitecto Francisco Luis Freire González.

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñe-lo recurso de reposición dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación do acordo, ante o pleno do concello, ou ben poderá impugnarse directamente na vía xurisdiccional mediante a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto.

Nese caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo, contarase desde o día seguinte a aquel no que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado.

No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Todo o anterior sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Faise constar que do contido deste acordo, así como da copia autenticada do instrumento aprobado, dáselle traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto no artigo 92.3º da Lei 9/2002.

Sada, 29 de outubro de 2003.

Abel López Soto

Alcalde