Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de exposición pública do acordo de aprobación inicial da modificación puntual número 1 do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello de Tomiño, en sesión plenaria realizada o día 25 de outubro de 2003, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do vixente PXOM, de conformidade co disposto no artigo 85 e seguintes da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural en Galicia, faise público que o expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no DOG, podendo os interesados examina-lo expediente nos servicios de urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo de conformidade co citado artigo.

Tomiño, 28 de outubro de 2003.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde