O Pleno da Corporación, en sesión do vinteún de novembro de dous mil tres, acordou aprobar, con carácter definitivo, o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular, pola entidade mercantíl B.B.T., Sociedad Limitada para reordenación de volumes edificables e reaxuste de aliñacións, de parcelas sitas na rúa Pintor Virxilio Blanco, segundo documentación subscrita polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con data de visado colexial do 19-3-2003, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpor directamente polos que se consideran lexitimados o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1.6) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes conforme dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.
Pontevedra, 27 de novembro de 2003.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral