Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán. Expediente 2003146C.

2. Obxecto do contrato.

Obxecto: adquisición de vehículo motobomba.

Prazo de execución (meses): un.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 142.373 euros.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento base.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza Constitución 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Teléfono 986 36 50 00, fax 986 38 39 31, ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou a través doutros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

8. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primerior día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 5 de decembro de 2003.

Alfredo Rodríguez Millares

Alcalde