Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1, baixo, 15707 Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T.S., C.T. polígono industrial do Acevedo.
Situación: Cerceda.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 18/30 kV, de 3(1x150) mm Al, de 310 m de lonxitude, con orixe na liña Celtibox e final no C.T. polígono do Acevedo.
C.T. en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, no polígono do Acevedo. Concello de Cerceda.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 7 de novembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña