Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas, de varios contratos administrativos.

O delegado provincial da Coruña, actuando en nome e representación da consellería, en virtude do Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias nos delegados provinciais en materia de contratación administrativa, (DOG nº 35, do 19 de febreiro), e por tanto, como órgano de contratación, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

1. Construcción da intersección na C-642 en Ponte Mera coa estrada a Cariño (Ortigueira).

Clave: AC/01/18.6.

Orzamento: 99.000 A.

Adxudicatario: San Martín, S.A.

2. Mellora de interseccións e firmes nas estradas AC-543, de Santiago de Compostela a Noia e AC-414, de Carballo a Malpica de Bergantiños.

Clave: AC/03/109.06.

Orzamento: 291.184,76 A.

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Servicios, S.L.

3. Mellora de interseccións e firmes nas estradas AC-840, p.k. 20,730 e AC-213/AC-214.

Clave: AC/03/110.06.

Orzamento: 274.950 A.

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Servicios,S.L.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

A Coruña, 4 de novembro de 2003.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña