Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan notificacións de posta de manifesto de actuacións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Severino Carballo Domínguez e outros).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse notificacións de posta de manifesto de actuacións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivoObrigado

ó pagamento

Importe

A

Zona

de recadación

Arqueidra, S.A.

CIF A-36661999

María Pilar González Leva

NIF 35784941-T

656,18Vigo

Gestión de Iniciativas Gallegas, S.A.

CIF A-36701357

Bonifasi Sánchez Gerardo

NIF 78054803-W

17.225,42Vigo

Joseve, C.B.

CIF E-36817799

Severino Carballo Domínguez

NIF 36000892

3.575,19Vigo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA