Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMARIÑAS

ANUNCIO.

Convócase concurso público de ideas a nivel de anteproxecto para a construcción do centro socio-cultural e xuvenil Casa do Alemán de Camelle, con suxeición ás bases aprobadas polo Concello Pleno en sesión do 25 de outubro de 2003, que a continuación se transcriben:

Bases para o concurso de anteproxectos para a construcción do centro socio-cultural e xuvenil Casa do Alemán de Camelle.

Entidade convocante.

Concello de Camariñas.

1. Obxecto.

O obxecto deste concurso é a selección da proposta máis axeitada, a nivel de anteproxecto, que sirva de base ó correspondente proxecto básico e de execución para a construcción do centro socio-cultural e xuvenil Casa do Alemán de Camelle na rúa do Muelle, Camelle, nas parcelas 17 a 22 do polígono 26144 do catastro de urbana, cunha superficie total de 671 m, 345 m de ocupación, e cun orzamento de licitación obras de 540.000 A.

2. Tipo de concurso.

Trátase dun concurso aberto, anónimo e público que se encadra como concurso de proxectos con intervención de xurado regulado no artigo 216 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. Rexerase, así mesmo, polo clausulado destas bases.

3. Destinatarios do concurso.

Poderán participar neste concurso:

-Arquitectos colexiados, de forma individual.

-Equipos multidisciplinares. En tal caso, o director deste deberá ser un arquitecto colexiado.

-Persoas xurídicas que teñan unha actividade ou finalidade (reflectida no seu obxecto social) coincidente co obxecto do concurso (arquitectura). Así mesmo, o director do equipo redactor do proxecto deberá ser un arquitecto colexiado.

Cada unha das persoas, equipos ou empresas só poderán presentar unha proposta.

Non poderán participar no concurso os membros do xurado, os seus familiares con parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo grao e, en xeral, todos aqueles que incorran en causa de prohibición ou incompatibilidade para contratar coas administracións públicas conforme o establecido no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Ningún participante poderá establecer ningún tipo de relación profesional cos membros do xurado durante o período do concurso.

4. Calendario.

4.1. Inscrición. A inscrición (segundo modelo que se engade) deberá formalizarse mediante escrito dirixido ó Concello de Camariñas no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG, e indicará os datos do concursante ou director do equipo redactor, enderezo de correo electrónico así coma o nome do arquitecto, residente en Galicia, elixido como representante dos concursantes no xurado. A inscrición na correspondente convocatoria implica a total aceptación das súas bases.

4.2. Envío da documentación ós concursantes admitidos:

Bases do concurso.

Relación de admitidos.

Prego de condicións.

Planos con indicación da zona de actuación.

Normativa urbanística.

Reportaxe fotográfica.

4.3. Presentación dos traballos.

Data límite para a presentación dos traballos: no prazo de 50 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG.

Lugar de presentación: rexistro do Concello de Camariñas. A proposta técnica poderá ser presentada tamén por correo ó abeiro do artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas segundo o que, cando a documentación se envíe por correo, o empresario deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia dos dous requisitos non será admitida a documentación se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora do remate do prazo sinalado no anuncio. Transcorridos, non obstante, dez días seguintes á indicada data sen que se reciba a documentación, esta non será admitida en ningún caso.

4.4. Resolución do concurso.

Ós 60 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG, producirase o dictame do xurado, informaranse os pre

miados, e publicarase no DOG. Previamente ás deliberacións, o xurado analizará o contido das propostas presentadas, excluíndo aquelas que non estean acordes coas bases. A resolución do xurado realizarase por maioría dos seus membros, conforme as bases, e levantarase acta con expresión das razóns deste.

5. Documentación que hai que presentar.

5.1. Carpeta A: documentación técnica.

A documentación, que se presentará en embalaxes seladas e lacradas e figurará no seu exterior unicamente: documentación gráfica, concurso de anteproxectos Museo do Alemán de Camelle, e o lema (5 letras e 3 díxitos) incluirá:

a) Memoria descritiva en formato DIN A-4 na que se expliquen os seguintes aspectos da proposta:

-Xustificación da idoneidade da proposta presentada.

-Cadro de superficies.

-Memoria de calidades e de solucións constructivas adoptadas.

-Avaliación económica dos custos pormenorizados da solución adoptada.

b) Documentación gráfica, que será a propia dun anteproxecto.

Os planos entregaranse montados en paneis ríxidos lixeiros de tamaño DIN A-1 cun máximo de 3 paneis.

Tanto na memoria como nos paneis que constitúan a documentación gráfica da proposta figurará o nome do concurso e o lema do arquitecto, empresa ou equipo participante.

Non poderá figurar en ningún documento escrito ou gráfico referencia que permita identifica-los membros do equipo redactor, distinto do lema (5 letras e 3 díxitos) baixo o que se presente. As carpetas que conteñan algún elemento identificativo que contraveña o establecido nesta cláusula quedarán automaticamente excluídas do concurso.

En tódalas follas, documentación, planos e carpetas que se presenten deberá consta-lo lema.

5. 2. Carpeta B: identidade do concursante.

Presentarase nunha carpeta pechada e lacrada tamaño folio que levará como título Identidade do concursante. Concurso de anteproxectos Museo do Alemán de Camelle, e o lema (5 letras e 3 díxitos). No interior figurará conxuntamente co nome ou nomes dos concursantes; o lema, o seu enderezo e o seu teléfono. O xurado abrirá unicamente a carpeta de identidade do premiado do concurso de ideas, tras ser seleccionado.

6. O xurado.

6.1. Composición do xurado.

O xurado para a selección das propostas estará integrado polos seguintes membros:

Presidente:

1. A concelleira delegada de Educación, Cultura e Deportes, Xuventude e Comunicación.

Voceiros:

2. O conselleiro de Cultura ou persoa na que delegue.

3. O presidente da deputación ou persoa na que delegue.

4. O técnico municipal do concello.

5. A decana-presidenta do COAG ou persoa na que delegue.

6. 3 arquitectos designados polo COAG.

7. O arquitecto designado polos concursantes.

Actuará como secretario, con voz pero sen voto, o secretario do concello.

Son deberes e atribucións do xurado: a) A admisión definitiva dos traballos; b) A resolución do concurso; c) A interpretación destas bases.

Tódalas decisións do xurado serán irrevogables, definitivas e inapelables.

6.2. Criterios obxectivos de adxudicación.

Os criterios que se aplicarán para avalia-los anteproxectos presentados serán por orde decrecente os seguintes:

-Idoneidade da solución proposta.

-Funcionalidade e adaptación ás necesidades da súa explotación, fixando solucións de compatibilidade dos usos tendentes á reducción da superficie construída.

-Integración do edificio proxectado co seu contorno.

-Adecuación do orzamento coa realidade da obra.

-Optimización do mantemento e da conservación.

-Outros supostos que o xurado puidese considerar relevantes.

As propostas do xurado deben ser, en todo caso, motivadas e levantarase acta. O dictame do xurado daráselles a coñecer ós concursantes mediante comunicación persoal.

7. Premio.

O gañador do concurso recibirá o encargo da redacción do proxecto básico e de execución, o estudio de seguridade e saúde así como a dirección facultativa das obras, logo de acreditación dos requisitos para contratar coa Administración, a que se refiren os artigos 15 e seguintes do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. Para a estimación de honorarios aplicarase o vixente baremo do COAG.

Así mesmo, o gañador recibirá 6.000 euros en metálico que se considerarán por conta dos honorarios da redacción do proxecto.

8. Propiedade dos traballos.

Os autores dos traballos conservarán a súa propiedade intelectual e cederánselle-los correspon

dentes dereitos de explotación do seleccionado ó Concello de Camariñas. Quedará en propiedade do Concello de Camariñas toda a documentación admitida ó concurso. O Concello de Camariñas poderá publicar e expoñe-los traballos presentados ó concurso, pero debe cita-la súa procedencia e autoría.

9. Orzamento e financiamento.

O orzamento total do gasto para Administración, determinado polo importe dos premios outorgados no concurso e dos pagamentos que se lle realizarán ó adxudicatario do contrato ascende á cantidade máxima de 54.023,54 euros, que se corresponden cos seguintes conceptos:

-Premio do concurso.

-Redacción do proxecto básico.

-Redacción do proxecto de execución e estudio de seguridade e saúde.

-Dirección facultativa. Dirección de obra do técnico superior.

As obrigas derivadas do concurso e do contrato posterior financiaranse con cargo ó orzamento do concello, aplicación orzamentaria 451.227 conforme a seguinte distribución de anualidades: ano 2003: 6.000 A, ano 2004: 48.023,54 A.

Camariñas, 10 de novembro de 2003.

Juan Bautista Santos Ramos

Alcalde