Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

ANUNCIO.

Resolución do 6 de novembro de 2003 do Concello de Xunqueira de Ambía (Ourense), referente á convocatoria para prover unha praza.

A Alcaldía-Presidencia deste concello aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo, vacante neste concello, polo sistema de concurso-oposición por promoción interna.

A mencionada praza adscríbese á escala de Administración xeral, subescala administrativo.

As bases publicáronse integramente no BOP de Ourense nº 254, do 4 de novembro de 2003.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no BOP de Ourense e taboleiro de anuncios deste concello.

Xunqueira de Ambía, 6 de novembro de 2003.

José Luis Gavilanes Losada

Alcalde