Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión do pasado día 2 de setembro de 2003, acordou aprobar definitivamente o expediente de estudio de detalle

da unidade de execución integral 16, na rúa Pintor Seijo Rubio e rúa do Rollo, por petición de Consega, S.L., o que se fai público para xeral coñecemento. Contra este acordo poderán interpoñe-los seguintes recursos:

-Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da notificación.

Betanzos, 7 de novembro de 2003.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde