Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARALLA

ANUNCIO.

O Concello Pleno na sesión ordinaria do día 28 de novembro de 2003, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal en Vilartelín-Baralla.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos, advertíndose que en cumprimento do disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, estará exposto ó público nas oficinas municipais, para efectos de exame e presentación de reclamacións polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste edicto, ben no Diario Oficial de Galicia ou ben nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia (nos que se publicará por dous días consecutivos).

Do mesmo xieto e en cumprimento do disposto no artigo 77.2º da devandita lei, o acordo de aprobación inicial determinará por si só, a suspensión do procedemento do outorgamento de licencias naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación do planeamento, xa que as novas determinacións supoñen a modificación da normativa urbanística vixente. O prazo de suspensión será como máximo de dous anos e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. As áreas afectadas pola suspensión son as que figuran no plano número 5 incluído no proxecto, co epígrafe Delimitación do ámbito da modificación.

Baralla, 2 de decembro de 2003.

O alcalde

Rubricado